Novedades educativas de la escuela
03/05/2016
Para traballar VALORES os alumnos de 4º de ESO asistiron onte a unha actividade no Auditorio da Praza do Rei, organizada pola Concelleria de Benestar Social para traballar aspectos relacionados coa igualdade de xénero.
A actividade consistiu nunha charla para reflexionar sobre diversos mitos existentes nas relacións de parella que conducen a relacións de desigualdade.
Ademais proxectaron varios fragmentos das películas "Crepúsculo" e "Tres metros sobre el cielo" que plasman estas relacións tóxicas.
Por último, falouse das novas tecnoloxías nas relacións de parella.