NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

CADERNO DE BITÁCORA

20/10/2016

imagen artículo

 

O pasado 14 de outubro tivemos no cole a visita da directora de cine Sara Traba que ven de estrear unha exitosa curtametraxe titulada "As vacas de Winsconsin". 

Sara contounos como é o proceso para facer unha peli, dende que se ten a idea ata que se estrea na grande pantalla.

Ademais unha das nosas mamás de 5º de Primaria deunos unha clase moi especial sobre as plantas.

  Dende o cole agradecémoslle a todos a súa participación e de xeito especial a María a que lle prometemos coidar as plantas con moito agarimo.

Agardámoste na primavera...