NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Joan Manuel Gisbert

18/01/2015

imagen artículo

Joan Manuel Gisbert, escritor español de literatura infantil e xuvenil, nado en Barcelona no ano 1949.

As súas obras foron traducidas a vinte linguas, e ten os premios mais importantes do ámbito nacional.

Entrevista con:  JOAN MANUEL GISBERT  escritor.

¿Qué fixo que te adicaras á escritura?

O que máis amaba dende pequeno eran as artes e a escritura. Encántame escoitar historias e lendas, pode ser por iso que me servira como inspiración para algún dos meus libros.

¿Dende cando te adicas a escribir?

Dende que tiña 16 ou 17 anos, o meu primeiro libro publiqueino con 28 anos.

¿Que outros pasatempos tes? 

Gústame viaxar, sobre todo a lugares misteriosos, que teñan algunha historia curiosa ou lenda que sexa interesante.

¿Cal foi o teu primeiro libro, e o que máis che gustou?

Foi, é e será, “Escenarios fantásticos”, o que máis me gusta é o que estou escribindo en cada momento ou etapa.

¿Canto tempo adicas para escribir un libro?

Entre cinco semanas e catro meses, a meirande parte deles estaría entre 2 meses e 3 meses.

¿Cal é o teu escritor preferido?

O primeiro, é Julio Verne.

Falemos agora do teu libro, ¿en que te inspiraches para “Agua Luna”?

En moitos contos antigos de feiticeiras, de camiñantes, de ríos e de epidemias.

¿Como describirías o libro de Agua Luna?

Como un conto tráxico, ou unha historia de obsesión, loucura, crueldade e morte.

¿Cantos exemplares foron vendidos de Agua luna?

Van xa varias edicións, polo que son xa miles de exemplares.

¿Que nos contarías do teu outro libro “El palacio de los tres ojos”?

É un libro que escribín gracias ós propios personaxes, é por iso que despois lles dei máis vida noutro libro “El bosque de los desaparecidos”.

 

Entrevista realizada por:

Eva Benavente, Carla  Felipe e Hugo Castro, alumnos de 5º EP.

Cámara: Rebeca  (a nosa querida estudante de maxisterio en prácticas)