Novedades educativas de la escuela
02/11/2018
O mércores 31 o colexio convertiuse nunha mansión do terror,
onde o que máis e o que menos paseaba con certo temor.
Bruxas,vampiros, zombis e outras criaturas
por alí fixeron mil diabluras.
Un gorila apareceu,
e con este video veredes o que aconteceu.
Se queredes saber algo máis do Samaín e algunhas fotiños ollar,
non deixedes de premer en "ler máis"
A noite do 31 de outubro, comezaba o ano celta, marcaba a transición do outono ao inverno, do tempo das colleitas á estación sombría. Pero era tamén unha noite cargada de espiritualidade, xa que crían que nesta noite abría unha porta entre o mundo dos vivos e o dos defuntos. Así tiñan por costume tallar nabos ou cabazas e iluminalos cunha candea no seu interior, para encamiñar as ánimas perdidas nesta noite.