Novedades educativas de la escuela
15/03/2019
O luns día 11 de Marzo celebrouse no noso colexio unha charla-coloquio de portas abertas co título "Inspirando o Futuro en Igualdade". Nela nove mulleres traballadoras puxéronse nas mans das preguntas e inquietudes do alumnado de educación secundaria da nosa escola.
SE QUEREDES SABER ALGO MÁIS DA CHARLA E ALGUNHAS FOTOS PREMER EN "LER MÁIS".
AS MULLERES TRABALLADORAS INVITADAS FORON AS SEGUINTES:
* A bióloga e científica, Pilar Soengas Fernández.
* A xuíza, Victoria Eugenia Fariña Conde.
* A maxistrada do xulgado de 1ª instancia número 2 de Vigo, Belén Martínez Pato.
* A carretilleira de Citroen, Isabel Sánchez Bravo Cuesta
* A enxeneira química, Alba Somoza Cerviño.
* A conductora de autobuses, Fanny Estévez Alfonso.
* A policía do Corpo Nacional, Vanessa Oulego González de Araujo.
* A bombeira, conductora de camión motobomba e responsable de turno, María del Rosario Pereira González.
Para rematar o noso club de música versionou unha canción da cantante Bebe titulada "Ella", unha canción que trata sobre o empoderamento feminino co fin de desfacernos dos estereotipos, da desigualdade e dos tabús que aínda existen na nosa sociedade, e no que alenta ó colectivo feminino a tomar o mando.
FOTOS