NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Visitando,visitando

02/03/2015

 Hoxe algúns alumnos de 5º e 6º de E.P. e ESO participamos nun obradoiro de Matemáticas na Fundación Barrié de la Maza, na rúa Policarpo Sanz, onde fixemos diversos tipos de actividades: xogos de Tangram, xogos  con cubos, solucións de problemas, ilusións ópticas etc.

     O que máis nos chamou a atención foron as ilusións ópticas e os problemas. A ver se sodes quen de resolver estes:

- Dous tenistas xogan un partido de tenis ó mellor de cinco sets e ambos xogadores gañan tres sets. Como é posible?

-  Un granxeiro ten quince vacas e mórrenlle todas menos nove. Cantas vacas lle quedan?

-Subín a unha pereira na que había peras . Cando baixei non deixei peras nin levei peras. Cantas peras había na árbore ?