NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Día Internacional da Muller Traballadora

16/03/2015

No Club de Letras estivemos traballando sobre o Día Internacional da Muller Traballadora é investigamos sobre a súa orixe. Aprendemos que na actualidade se celebra o día 8 de msarzo pero non sempre foi así. Nesta data conmemórase a loita da muller pola súa participación en pé de igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

A 1ª celebración tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza e nela esixíase o dereito de voto e de ocupar cargos públicos, dereito ó traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.

Unha semana despois, o 25 de marzo de 1911, máis de 140 traballadoras, a maioría  inmigrantes, morreron no tráxico incendio dunha fábrica de camisas en Nova Iorque. Este desastre obrigou a importantes cambios lexislativos nas normas de seguridade e saúde laborais e industriais e foi o detonante da creación do Sindicato de Mulleres Traballadoras Confeccionistas e da conmemoración desta data.

Sergio Fernández Alonso (4º ESO)