NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Estivo con nós...

27/03/2015

Entrevista a David Fernández Sifres.

 

1.- Cantos anos levas escribindo libros?

Levo escribindo dende que era moi pequeno pero libros para nenos e mozos, uns oito anos.

2.- Que che inspirou para escribir?

  Para escribir en xeral; pois… gustábame dicir mentiras, porque me gustaba unha nena da clase que non me facía caso. Inventábame un montón de cousas.

3.-Escribiches moitos libros deste tipo?

Escribín… publiquei, cinco libros; catro para nenos e un para adolescentes e este ano sairán outros dous máis.

4.- Esta historia está baseada en feitos reais?

Non, a historia esta non está baseada en feitos reais, pero é verdade que cando a escribín tiña un tío que estaba enfermo de cancro.

5.- Deuche pena cando a escribiches?

  Máis que pena serviume para desfogarme, porque estaba moi preocupado, pois todas as preocupacións as puxen no libro. Pero o libro remata moi ben, ou non?

6.-Por que se che ocorreu a relación das bolboretas cos personaxes?

Porque podía elixir outro tipo de animais, pero como ao final tiñan que estar penduradas do teito, pero digo, se poño elefantes, os elefantes non pegan pendurados do teito. E o bo das bolboretas é que teñen moitas cores, e transmiten moita ledicia; e serviríame ademais para que a protagonista nalgún momento, se quedase sen cores as pintara de branco e negro e Mario así sabería que estaba triste ou algo lle pasaba.

Realizada por alumnos de 4º E.P.