NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

RECOMÉNDOCHE UN LIBRO

21/03/2019

imagen artículo

 

 

Estimados pais:

Informámosvos de que ó longo deste mes de marzo realizaremos unha actividade chamada “Recoméndoche un libro”.

Consistirá en gravar un vídeo no que nos recomendedes un libro. Podedes participar toda a familia e botarlle toda a imaxinación e “salero” que queirades.

Haberá que atender as seguintes normas:

As gravacións debedes mandalas ó enderezo electrónico edlg@escuelasnieto.com

No caso de que o arquivo adxunto sexa demasiado grande podedes utilizar algunha páxina de envío de arquivos como WeTransfer ou outra que coñezades.

Os tres mellores vídeos recibirán un premio que se lles entregará o Día das Letras Galegas.