NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

O GALEGO É CLAVE (CURSO 2020-2021)

19/10/2020

imagen artículo

Bo día a tod@s!

Comezamos a nosa actividade nesta sección de Dinamización da Lingua informándovos da campaña “O galego é clave” que iniciamos hoxe mesmo.
Esta campaña consiste en utilizar cada semana unha frase feita como contrasinal para poder ir ó baño ou salir de clase á última hora. Pretendemos con ela que o alumnado se vaia afacendo a expresións galegas e que progresivamente vaia utilizando a nosa lingua.
Animámosvos a tod@s a participar tamén nas vosas casas. Unha idea podería ser establecer ese contrasinal antes da comida, da merenda ou da cea, é dicir, se queres comer antes tes que empregar o contrasinal.
Axudádenos a manter vivo o noso idioma.
Unha lingua que non se fala é unha lingua morta.
Deixámosvos o cartel da campaña co contrasinal desta semana.

Grazas e un saúdo.