NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

AS LETRAS GALEGAS COMO FONTE DE MOTIVACIÓN NO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE

13/05/2022

imagen artículo

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Durante toda a semana rapaces e rapazas de 2º de ESO foron lerlles contos e poemas a todo primaria. Outra das actividades estrela deste ano foi que alumnado de primaria fixesen unhas postais cun poema ou reflexión en galego e unha flor de papel, as cales se expuxeron no recibidor do cole hoxe venres e por curso, todos aqueles que participaron baixaron e puideron levar para as súas casas a que mais lles gustou. Tamén se fixeron varios murais sobre o autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán. Algúns destes murais foron levados a unha exposición na Asociación de Veciños de Lavadores para colaborar con eles, concretamente os murais que se levaron foron os de Dafne, Lucía Pérez e Uxía de 1º ESO, e de Thalía de 3º ESO. Algúns membros dunha Asociación de Maiores da zoa viu dar unha charla sobre o noso barrio, para mostrarlles os rapaces e rapazas de ESO, 5º, 6º EP, como era antes o barrio e a vida nesa época e como era agora. En infantil tamén fixeron traballos manipulativos sobre o autor. E como remate final, a última hora rapaces e rapazas de 1º e 2º EP bailaron diante dos seus compañeiros unha canción das Tanxugueiras, destacando que a coreografía do alumnado de 2ºEP foi realizada por un dos nosos alumnos de 3º de ESO, Fabián Courtois.