NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

TRABALLANDO VALORES CO NOSO MERCADILLO SOLIDARIO

19/12/2022

imagen artículo

Un ano máis celebrouse no noso cole o Mercadillo Solidario. O venres 17 de Decembro rapaces, rapazas e moitas familias da nosa contorna e comunidade educativa achegáronse o noso 5º Mercadillo Solidario de obxetos realizados polos nenos e nenas da escola. Este ano a recaudación foi destinada para Down Vigo, asociación de pais e nais de nenos/as con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual. 

Un ano máis a participación de toda a comunidade educativa do noso centro foi fundamental para chegar a unha recaudación de, nin máis nin menos, que de 782€. Moitísimas gracias a todos aqueles que fixestes que isto fose posible. Dita recaudación foi entregada por alumnos de 4º de ESO a un representante da asociación, que se achegou o noso cole.