NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

O algoritmo e eu.

19/12/2022

imagen artículo

Jaime González, enxeñeiro en telecomunicacións que se atopa realizando un doutoramento pola Universidade de Vigo, imparte unha conferencia sobre algoritmos aplicados á vida cotiá, así como o marco legal no que se recollen as obrigacións dos responsables e os dereitos dos usuarios.

 

Jaime González, enxeñeiro en telecomunicacións que se atopa realizando un doutoramento pola Universidade de Vigo, imparte unha conferencia sobre algoritmos aplicados á vida cotiá. En primeiro lugar, explica elementos TIC que usamos na vida cotiá cuxo funcionamento baséase no emprego de algoritmos como as Intelixencias Artificiais (IA), os buscadores web ou o funcionamento de teléfonos móbiles.

A continuación, explica o concepto de algoritmo a partir do desenvolvemento de operacións matemáticas sinxelas para transformar un input no output desexado. Para iso, emprega o símil da elaboración da torta. Neste caso temos unha serie de inputs ou elementos de entrada, que serían os ingredientes; e desexamos obter un output ou resultado, que sería a torta. O algoritmo neste caso serían as operacións sinxelas que se realizan para cociñala: mesturar os ingredientes, enfornalos e decorar o biscoito.

No seguinte punto, o relator introduce o concepto de “o algoritmo” das redes sociais, centrándose en Instagram e Tiktok. Aclara que a pesar de falar sempre dun algoritmo único que rexe a aplicación, esta funciona empregando unha variedade enorme de algoritmos, desde os máis simples: recoñecer o teu usuario ao iniciar sesión e configurar a visualización da app ata outros máis complexos como rexistrar a túa orixe, a idade, os tempos de uso ou os “like”. Destaca, especialmente, como “o algoritmo” é capaz de relacionar o teu perfil en función de toda a información que recolle doutras canles e amosarche así os elementos máis che gustaron.

Por último, explica o marco legal no que se recolle o relativo á xestión desta información que as empresas fan acerca dos seus usuarios: as obrigacións dos responsables e os dereitos dos usuarios.