NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

SAÍDA PEDAGÓXICA E CULTURAL O TEATRO AFUNDACIÓN "THE MOVIE"

18/01/2023

imagen artículo

Os alumnos e alumnas da ESO foron ver unha obra teatral chamada "THE MOVIE". O teatro participativo, tal e como propón The Movie, de On Stage Company, é unha das ferramentas máis útiles, prácticas e divertidas para aprender inglés.

Esta peza teatral céntrase en Edgard e Patricia, dous mozos que acaban de graduarse e que se preparan para revolucionar o mundo do cine. Saben emprender, teñen ideas orixinais e un guión extraordinario. Unha viaxe para reinventar a sétima arte e formar parte do equipo que, sen dúbida, se converterá na obra de arte máis brillante, catastrófica e divertida do século XXI.