NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

SAÍDA PEDAGÓXICA E CULTURAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

02/02/2023

imagen artículo

Os nenos e nenas de Educación infantil foron a Ártika a ver a obra de teatro “O xardín de Vila Gris”.

Esta obra conta a historia dun home chamado Martín, que vive nun dos últimos recunchos verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza e quere preservar o seu fermoso espazo cheo de vida, para os seus e para os que veñan no futuro. Pero unha seria ameaza voa sobre el: Don Nefasto, un ambicioso construtor, pretende apropiarse dese lugar, arrincar as árbores e construir unha torre de cemento que non deixe ver a luz do sol.