NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

GRUPO DE DEBATE DE ESCOLAS NIETO "PARLAMENTO XOVE"

04/03/2023

imagen artículo

Este foi o primeiro ano no que se forma un grupo de debate para a competición no Parlamento Xove. Noraboa ós nosos paticipantes Abraham, Sofía, Mara e Ainhoa que o fixeron xenial.

 

Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins  informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.