NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

O MAGOSTO

17/11/2015

     Dende a prehistoria o home alimentouse de castañas e landras e coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación,pois a castaña valía para comer e para facer fariña.

     Coa chegada no século XVI de pataca e o millo procedente de América , a castaña perdeu protagonismo na alimentación campesiña.

     A palabra Magosto pode significar : gran fogo (Magnum ustum) ou lume máxico (Magum ustum), e esta festa era unha especie de agradecemento pola colleita recibida.

     Os magostos tradicionais celébranse entre os días 1 e 11 de novembro, e neles xunto coas castañas ,non falta tampouco o viño e os chourizos. Xúntanse, pois, nos magostos tres elementos  e t res festas típicas que se celebran en datas próximas: a vendima (uvas  e viño), o magosto (castañas) e a matanza (porco e chourizos).

     Para poder asar as castañas é imprescindible que haxa unhas  boas  brasas, un tixolo furado pola base para asar as castañas, unha manchea de sal gordo e, por suposto, as castañas que deben levar un corte para evitar que estoupen ó asalas.

     É frecuente emborrallar a cara cos restos da fogueira, xa que trae sorte, e realizar xogos tradicionais ou contar contos e cantar cancións populares.

    

Leer Artículo