NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Representación teatral de Goldilocks and The Three Bears por alumnado de Escolas Nieto

24/04/2017

O pasado venres os nosos alumnos do Clube de Inglés representaron no idioma de Shakespeare a obra  Goldilocks and The Three Bears. Bótalle unha ollada ao vídeo e comproba o elenco de estrelas de Escolas Nieto.

 

 

 
Leer Artículo

Mes do Libro

21/04/2017

  Esta semana quixemos facer algo especial para celebrar o Mes do Libro, e qué mellor forma que facendo partícipes aos pais, nais, avós,... na nosa actividade diaria. Día a día viñeron pais/nais/avós,... da aula de 4º,5º e 6º de Educación Infantil presentándonos contos de diferentes formas: contos animados, contos lidos con todo o agarimo do mundo, monicreques, videocontos,...Qué mellor forma de achegar aos mais pequenos á lectura que facendoo desta forma tan lúdica.

  Premer en "ler máis" para ver as fotos. 

Leer Artículo

Celebrando EL DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO 2017

20/04/2017

Leer Artículo

Feliz Pascua!!

09/04/2017

Os nenos/as de Educación Infantil prepararon algunhas manualidades adicadas a Pascua. Pintaron ovos, decoramos o cole, fixemos coelliños con bolsas de papel,...peerooo....o venres cando chegamos ao colexio...os nosos coelliños...DESAPARECERAN!!!Para relaxarnos un pouco e que nos pasara o desgusto fomos ver un conto animado a aula de audiovisuais e de súpeto cando estábamos as escuras vimos un coelliño asomando pola fiestra!!Fomos todos correndo a ver se o atopábamos pero...cal foi a sorpresa cando saímos?os nosos coelliños apareceran no xardín! e ademais estaban cheos de lambonadas!

Feliz Pascua a todos!!

Premer en "ler máis" para ver as fotos

 

 

Leer Artículo

SOMOS UN COLE CHEO DE TALENTO!

08/04/2017

Na véspera das vacacións de Semana Santa quedou patente que en Escolas Nieto o talento "bota por fóra". Celebramos o primeiro "Got Talent Escolas Nieto" cun alto nivel de participación e un máis alto nivel de calidade. Cantanes, bailaríns, bailarinas e coreógrafos, homuristas, músicos...

Olla a reportaxe do youtube e xa sabes...se che gusta non deixes de premer.

Leer Artículo

Contacontos

05/04/2017

  Esta semana os nenos/as de Ed. Infantil tiveron a oportunidade de disfrutar de outro Contacontos, neste caso o conto protagonista era ¨O cociñeiro Martiño¨.

  Premer en "leer máis" para ver o resto das fotos.

Leer Artículo