NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Visita a Escola Municipal de Artes e oficios de Vigo.

23/02/2018

O pasado martes 20 de febreiro os nos@s alumn@s de 4º ESO visitaron a Escola Municpal de Artes e Oficios de Vigo. Asistiron ó obradoiro de CERÁMICA, DEBUXO E CONFECCION E MODA. Algún deles incluso confeccionou unha funda para os seus lentes ou para o seu móbil. Tamén visitaron a súa biblioteca con exemplares centenarios e coñeceron máis a fondo a xenerosa doazón de Xosé García Barbón.

 

 

 Para ver fotos e algún video premer en "LER MÄIS".

 

 

Leer Artículo

EXPOSICIÓN LEONARDO DA VINCI

19/02/2018

O xoves 15 os nosos alumnos de 1º e 2º da ESO visitaron a exposición de Leonardo Da Vinci no Tinglado do Porto (Vigo). Un inspirador percorrido pola innovación, a creatividade, a ciencia e a tecnoloxía a través das obras e os logros dun dos xenios máis universais da Historia.

 

 

Para ver fotos da visita premer en "LER MÁIS".

 

Leer Artículo

Proyecto CON TODOS

14/02/2018

FARO DE VIGO faise eco do noso proxecto de escola no que as familias participades de forma activa.

Leer Artículo

ENTROIDO 2018 EN ESCOLAS NIETO

13/02/2018

O mal tempo non puido frear a festa do entroido no noso colexio.

Ainda que tivemos que cambiar o desfile nas rúas do Calvario polas aulas, ximnasio e patios do centro, os nosos alumnos desfrutaron do entroido bailando, cantando e xogando. Se queredes saber máis sobre o que aconteceu ese día, non deixedes de ver este video nin de premer en "LER MÁIS".

Leer Artículo

Entroido en Educación Infantil

12/02/2018

 Os nenos/as de Educación Infantil disfrutaron do entroido o longo de toda a semana, o martes marcharon para a casa convertidos nunhas fermosas flores, o mércores viñeron o colexio co seu disfraz favorito e o xoves convertémonos en ras. O venres tiñamos que ir desfilar polas ruas do Calvario pero como o tempo non nolo permitiu, quedamos no colexio vestidos tooodos de mimos e fixemos unha festa (¡como nos gustan as festas!).

 

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

Leer Artículo

Instituto Oceanográfico ...100 años en Vigo

06/02/2018

      El lunes, los alumnos de 3º y 4º de Educación Primaria, recibieron  otra vez la visita de Esther y María, trabajadoras del IEO, con las siguieron profundizando en temas relacionados con fondo del mar y sus especies. 

Leer Artículo

Educación Infantil: Saída coñece a cidade.

04/02/2018

 Esta semana os nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil visitaron as instalacións do Corte Inglés. ensináronlle as salas de maquinas, leváronos a frutería, pescadería,... e por último déronlle o almorzo, un rico colacao con galletas e biscoito. 

 

Premer en ""ler máis" para ver o resto das fotos. 

Leer Artículo

DÍA DA PAZ

30/01/2018

Hoxe, 30 de xaneiro, como cada ano por esta mesma data celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Unha data realmente importante para a sociedade en xeral e para o ámbito educativo en particular.

O día Escolar da Non Violencia e a Paz, tamén coñecido polas siglas DENIP, é unha celebración que persegue fomentar, impulsar e respaldar unha educación en e para a tolerancia. Pero tamén unha educación en e para a concordia, a paz, a non violencia, a solidaridade e o respeto os Dereitos Humanos.

De aí que o lema desta conmemoración sexa "amor universal, non violencia e paz. O amor universal é mellor co egoismo, a non violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor ca guerra".

 

 

Para ver fotos e vídeos premer en "LER MÁIS"

Leer Artículo