NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

GRUPOS INTERACTIVOS EN 1º, 2º, 3°, 5º E 6º DE EP

30/11/2022

Este ano empezamos con moitas ganas o noso proxecto de grupos interactivos. Se o punto de partida foi infantil continuamos ahora con EP. Nestes, as familias poden interactuar co alumnado do colexio estreitando cada vez mais ese vínculo tan necesario.

VÍDEO

VIDEO ESCAPE ROOM 3°EP

 

Leer Artículo

O DÍA 25 DE NOVEMBRO ESCOLAS NIETO TINXEUSE DE MORADO

25/11/2022

Durante toda a semana moitas volvoretas moradas foron cubrindo o noso colexio dunha cor moi especial para celebrar hoxe o día contra a violencia de xénero. Moitas manualidades de cor morado, lecturas de libros os máis pequenos e dun manifesto preparado por alumnas de 4º da ESO, así como a elaboración dun lazo de nenos xigante en infantil foron algunhas das actividades realizadas o longo do día. GRACIAS A TODO O ALUMNADO E CLAUSTRO DO COLE POLA VOSA COLABORACIÓN.

NON NON E NON

VÍDEO

Leer Artículo

VISITA DE EXALUMNOS

24/11/2022

Hoxe tivemos a visita de tres ex alumn@s, Fátima ,Abel e Dani. Toda unha alegría saber que Fátima rematou os seus estudos de ADE (Administración e dirección de empresas), Dani, enxeñeria telecomunicacións e Abel, o seu ciclo de hostelería. Os nosos parabéns!

Leer Artículo

PROXECTO ESCOLAR POR A SOSTENIBILIDADE "PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS"

18/11/2022

O alumnado da ESO participou no proxecto escolar por a sostenibilidade “Plantando árbores con pinceis”. Os de 3º e 4º da ESO pintaron un mural no ximnasio utilizando pintura fotocatalítica anticontaminación e os de 1º e 2º da ESO decoraron cada un unha bolsa de tea cos seus propios deseños.

Leer Artículo

A NOSA HORTA SEGUE EN MARCHA (INFANTIL)

17/11/2022

O curso pasado os nenos e nenas de educación infantil comezaron o proxecto da horta e, como vedes, seguimos recollendo os seus froitos! aínda temos tomates e berenxenas.

Leer Artículo

CHARLA-COLOQUIO SOBRE O FUTURO ACADÉMICO E PROFESIONAL EN 4ºESO

16/11/2022

Hoxe recibimos a visita dunha antiga alumna moi querida por todos/as, Arancha, hoxe en día enfermeira, traballadora do Sergas, e invitámola a compartir a súa experiencia profesional e académica co alumnado de 4 de Eso, que está a piques de comenzar unha nova traxectoria de vida.

Leer Artículo

REPRESENTACIÓN TEATRAL DO CLUB DE TEATRO

10/11/2022

Hoxe,  xoves 10 de novembro o club de teatro representou na escola, 6 obras curtas, tendo como público ó magnífico alumnado de 1 e 2 de Educación Primaria. Aquí vai unha mostra das diferentes representacións.

Leer Artículo