NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Cúpulas Autoportantes de Leonardo

14/03/2016

Este ano os nosos alumnos/as da ESO participaron na XII edición IMA+XINA, adicada ás cúpulas autoportantes de Leonardo.

Dende o departamento de Matemáticas da Escola estiveron traballando sobre este proxecto e o sábado 12 de marzo construiron unha no Calvario. 

Non perdades de ver as fotos e o video.

Leer Artículo

Arte nas aulas

16/02/2016

     Os nosos pequenos Picassos de Educación infantil coñeceron a Andy-Warhol, (Andrew Warhola, comunmente coñecido como Andy Warhol, foi un artista plástico e cineasta estadounidense que desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do pop art)

     a Keith Haring (Keith Allen Haring foi un artista e activista social cuxo traballo reflicte o espírito da xeración pop e a cultura da rúa , Nova York dos anos 1980 ) , O surrealismo ou superrealismo é un concepto que provén do francés surréalisme. Trátase dun movemento literario e artístico que busca transcender o real a partir do impulso psíquico do imaxinario e o irracional)  .

Leer Artículo

ENTROIDO 2016

04/02/2016

     O  día 1 d e febreIro, os alumnos de 1ª da ESO, tivemos unha charla sobre os Merdeiros, uns personaxes curiosos do entroido galego algo descoñecidos  hoxe en día. Esta foi unha actividade realizada pola Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. As persoas que viñeron explicáronnos a orixe destes estraños personaxes: Os Merdeiros. Estes visten máscaras de cor rosa, feitas de papel e cartón xunto con camisas saídas por fóra, roupa tradicional e levan unha vara.

Leer Artículo

DÍA DA PAZ

30/01/2016

     Hoxe celébrase o día da Paz, xa

 que nun día coma hoxe, no ano 1948, mataron a Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India quen, tras graduarse en dereito , loitou contra o colonialismo inglés na India.

     Para premiar aquelas persoas ou institucións que cada ano destacan pola súa contribución á Paz, creouse o Comité Noruegués do Nobel formado por cinco persoas escollidas polo parlamento de Noruega, encargados de seleccionar cada ano unha Institución ou persoa que destaque pola súa contribución á paz no mundo.

     Este ano o seleccionado para recibir tal galardón foi o Cuarteto de  Diálogo de Túnez pola súa decidida contribución a crear unha democracia plural nese país.

Leer Artículo

BO NADAL

19/12/2015

O profesorado do centro, queremos desexar a toda a comunidade educativa un Nadal cheo de ledicia e un espléndido Aninovo.

 

Leer Artículo

O Nadal

17/12/2015

    

Iniciamos un  Nadal  solidario  participando na Reno Parade na decoración de renos ....

 

Leer Artículo

Un ano máis

16/12/2015

Asi chegamos ao 24 de novembro e como sempre alí estivemos… no centro de Vigo apoiando e participando na concentración  en contra da Violencia de xénero….

 

Leer Artículo

O MAGOSTO

17/11/2015

     Dende a prehistoria o home alimentouse de castañas e landras e coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación,pois a castaña valía para comer e para facer fariña.

     Coa chegada no século XVI de pataca e o millo procedente de América , a castaña perdeu protagonismo na alimentación campesiña.

     A palabra Magosto pode significar : gran fogo (Magnum ustum) ou lume máxico (Magum ustum), e esta festa era unha especie de agradecemento pola colleita recibida.

     Os magostos tradicionais celébranse entre os días 1 e 11 de novembro, e neles xunto coas castañas ,non falta tampouco o viño e os chourizos. Xúntanse, pois, nos magostos tres elementos  e t res festas típicas que se celebran en datas próximas: a vendima (uvas  e viño), o magosto (castañas) e a matanza (porco e chourizos).

     Para poder asar as castañas é imprescindible que haxa unhas  boas  brasas, un tixolo furado pola base para asar as castañas, unha manchea de sal gordo e, por suposto, as castañas que deben levar un corte para evitar que estoupen ó asalas.

     É frecuente emborrallar a cara cos restos da fogueira, xa que trae sorte, e realizar xogos tradicionais ou contar contos e cantar cancións populares.

    

Leer Artículo