NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

O Nadal

17/12/2015

    

Iniciamos un  Nadal  solidario  participando na Reno Parade na decoración de renos ....

 

Leer Artículo

Un ano máis

16/12/2015

Asi chegamos ao 24 de novembro e como sempre alí estivemos… no centro de Vigo apoiando e participando na concentración  en contra da Violencia de xénero….

 

Leer Artículo

O MAGOSTO

17/11/2015

     Dende a prehistoria o home alimentouse de castañas e landras e coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación,pois a castaña valía para comer e para facer fariña.

     Coa chegada no século XVI de pataca e o millo procedente de América , a castaña perdeu protagonismo na alimentación campesiña.

     A palabra Magosto pode significar : gran fogo (Magnum ustum) ou lume máxico (Magum ustum), e esta festa era unha especie de agradecemento pola colleita recibida.

     Os magostos tradicionais celébranse entre os días 1 e 11 de novembro, e neles xunto coas castañas ,non falta tampouco o viño e os chourizos. Xúntanse, pois, nos magostos tres elementos  e t res festas típicas que se celebran en datas próximas: a vendima (uvas  e viño), o magosto (castañas) e a matanza (porco e chourizos).

     Para poder asar as castañas é imprescindible que haxa unhas  boas  brasas, un tixolo furado pola base para asar as castañas, unha manchea de sal gordo e, por suposto, as castañas que deben levar un corte para evitar que estoupen ó asalas.

     É frecuente emborrallar a cara cos restos da fogueira, xa que trae sorte, e realizar xogos tradicionais ou contar contos e cantar cancións populares.

    

Leer Artículo

FESTAS DE OUTONO

29/10/2015

     O outono , una estación chea de cores, aromas e sabores… con él

 

as chuvias, as noites longas, o frío… son os tempos  dos difuntos, das

caveiras de cabaza, de demos, bruxas e curuxas..., do

Samain … De castañas , do viño novo… do Magosto…

 

Matanzas do porco… chourizos , e filloas...

 

Leer Artículo

Entrevista José Costas Simón

06/10/2015

José Costas Simón, foi o terceiro presidente da Fundación, e antigo alumno da escola nos anos 20.

Leer Artículo

Un novo curso comeza... Benvida a toda COMUNIDADE ESCOLAR

04/10/2015

 Carlos 4º E.P

 

     Estimados pais/nais:

     O  xoves 1 de outubro conmemoramos o aniversario de Ramón Nieto , fundador do cole e, para celebralo, organizamos

unha sesión matinal de xogos populares. Aquí tedes as respostas ás preguntas enviadas a vosas casas  sobre de Ramón Nieto:

  • En que ano naceu? En 1856, o un de outubro.

  • A que país emigrou? A Chile.

  • Onde traballou? Nun xacemento salitreiro.

  • Que negocios desenvolveu alí ? Dúas compañias de seguros e un banco.

  • De quen foi a man dereita? Do presidente de Chile.

  • Cando e onde se inaugurou o cole?O i de xaneiro de 1900 no local contiguo ó campo do Celta.

  • En que ano comezou a funcionar o noso cole no lugar onde hoxe está ubicado? En 1917.

  • Por que é tan importante a escola creada por Ramón Nieto? Porque permite que todo  mundo acceda á educación de xeito gratuíto.

  • Como se chamou o 1º director do cole? Severino Cobas.

  • A quen representa a escultura que se atopa nun dos patios do cole? Representa a Ramón Nieto e unha escena escolar.

  • Quen a esculpiu? Camilo Nogueira Martínez.

  • Un dos protagonistas dunha fermosa novela estudou en Escolas Nieto, como se chama esa novela e quen a escribiu? "El invierno de las almas desterradas " de Abel Caballero (alcalde de Vigo)

     

Leer Artículo

Festival Fin de Curso

16/06/2015

Podedes ver algunhas das fotos do festival.

 

Leer Artículo

No mes de maio... Alicia Borrás Sanjurjo

04/06/2015

  O venres, día 8 de maio, estivo na nosa escola a escritora viguesa Alicia Borrás,autora do libro, Nata y Chocolate. O alumnado de 5º e 6º gozou enormemente da súa compañía.

Leer Artículo