COÑECENDO A NOSA CONTORNA "VISITA Á CASA DE ROSALÍA DE CASTRO"
28/10/2022
O noso alumnado de 5º e 6º EP fixeron unha visita pedagóxica á casa-museo da escritora Rosalía de Castro. Tiveron a oportunidade de poder facer un recorrido polos acontecementos máis importantes da súa vida e obra. Ademais, puideron desfrutar da recreación da época na que foi habitada, observando os utensilios e mobiliario típico. Unha actividade moi enriquecedora.
Leer Artículo